Escoitar

Venda de entradas para o concerto de Caetano Veloso

O programa "Para Vigo me voy" iníciase o 2 de xullo ás 23:00 no auditorio de Castrelos coa actuación de Caetano Veloso. As entradas pódense adquirir a partir das 11:00 do venres 27 de xuño en Vigo, Santiago, A Coruña, Ourense e Pontevedra.

xoves, 26 xuñ 2003
Puntos de venda

VIGO: Discos LP. Tlf: 986224164
Contacto: Carlos
R/ Doutor Cadaval, 35-37

SANTIAGO: Discos Láser. Tlf: 981592004
Contacto: Felipe
R/ Alfredo Brañas, 25.

A CORUÑA: Centro Comercial Cuatro Caminos. Tlf: 981240411
Contacto: Mónica
R/ Ramón y Cajal, s/n

OURENSE: Centro Comercial Pontevella (Tien 21-Discos Vermello) Tlf: 988213144
Contacto: Tony
Avda. Ribeira Sacra, 50. Local B-11.

PONTEVEDRA: Don CD. Tlf: 986862142
Contacto: Emiliano
R/ San José, 2.

Caetano Veloso é un dos pratos fortes da programación da concellería de Festas e Animación Sociocultural neste verán, e a súa actuación abrirá ademáis o Festival Latino "Para Vigo me voy".

Veloso é o autor de "Tropicalia" a canción que bautizou o movemento coñecido como tropicalismo dende Brasil a todo o mundo.

Nacido en Bahía, o 7 de agosto de 1942, o artista amósase dende pequeno esperto ó ambiente cultural que o rodea, e no 1960 trasládase á cidade de El Salvador. Comezou tocando a guitarra no 1964 influído por Joao Gilberto, o inventor da bossanova, pero pronto buscou o seu propio lugar xunto os non menos lexendarios Gilberto Gil, Tom Zé e os irmáns Gal Costa e María Bethania, cos que realizou concertos memorables tanto en Río de Janeiro como en Sao Paulo. De todo aquelo xurdiu unha curiosa mestura de bossanova e pop internacional que se deu a coñecer como o movemento tropicalista.

"Felicidad, felicidad", "Domingo en el Parque" ,"Tropicalia" e tantas outras cancións mesturaban a poesía coa música, o tradicional coa vangarda, o popular co erudito e o rural co urbán... Nembargantes, aquel movemento viuse truncado cando Caetano e Gilberto foron arrestados polas súas ideas liberais, o que os levou a exiliarse a Londres en 1969.