Comeza a terceira edición da Vigo Cup con 200 equipos participantes
O Torneo internacional de fútbol base Vigocup que se celebrará do 29 de xuño ao 5 de xullo en diversos lugares de Vigo será especial pola numerosa participación, xa que acudirán máis de 200 equipos do panorama nacional e internacional.
O torneo está totalmente aberto a clubes de calquera nivel deportivo, garantindo a cada equipo xogar un mínimo de catro partidos en magníficos campos de herba natural ou céspede artificial.
Este ano ademais, colaboran a Universidade de Vigo e o Concello de Redondela polo que se incorporarán dous excelentes campos de herba artificial de última xeneración.
O torneo está dividido en 6 categorías; 5 masculinas e unha feminina, repartidos nas disciplinas de fútbol once e fútbol sete destacando o incremento da participación feminina que nesta III edición duplicou a cifra achegándose a 16 equipos.
Como principal novidade desta terceira edición é a creación do I Trofeo Vigo Cup ao mellor xogador nacional sub-21 de fútbol profesional.
Creouse tamén o premio o mellor árbitro e xogador promesa de fútbol vigués para destacar o traballo, esforzo e dedicación dos xoves valores como premisas fundamentais para a formación dos futbolistas. Para iso cóntase cun xurado composto polo vicepresidente da Fundación Vigo en Deporte, Santiago Domínguez Olveira e a do xogador profesional do R.C. Celta, Gustavo López que estará xuntamente con representantes dos medios de comunicación, Benigno de la Torre do Faro de Vigo, Enrique Rubio do Diario AS, Fernando Iglesias polos árbitros e Belarmino Alonso en representación dos adestradores.
O xurado elixiu unha terna de candidatos para que finalmente sexan os siareiros os que decidan quen merece tan preciado galardón. Os que participen na votación entrarán nun sortero de premios ofertados polos nosos patrocinadores (Begano-Coca Cola, Faro de Vigo, Caixanova, Calderón Sport, Pesolán – Ediprem e Vodafone).