Escoitar

As augas dos areais vigueses teñen óptimas condicións para o baño agás a praia de Mende, en Teis

O Laboratorio municipal recomenda non bañarse na praia de Mende ata a obtención de novos resultados analíticos positivos. Os areais do Vao, Toralla, Canido, O Portiño, Tombo do Gato, Argazada, Samil e Calzoa presentan excelentes condicións para o baño segundo se desprende da última mostraxe realizada.

venres, 27 xuñ 2003
O Concello de Vigo colocou un cartel informativo na praia de Mende no que se desaconsella o baño. O Laboratorio municipal controla esta situación causada polo crecemento bacteorolóxico que supera os límites establecidos para estes parámetros e o martes 1 de xullo terá novos resultados analíticos que determinarán se o areal de Mende xa é apto para o baño.

A temperatura media das augas é de 21º, coa máxima detectada en Canido con 22,5º e as mínimas na Punta e Mende con 19º. Todas as praias son aptas para o baño segundo a directiva 76/160/CEE agás as augas do areal de Fontes, tamén coñecido como a Batería ou os Olmos, que obtiveron a cualificación de aceptable debido a que os resultados están entre os valores guía e os valores máximos.