Escoitar

Clausura do curso nas escolas infantís municipais

O concelleiro de Educación, Xulio Calviño, clausura o curso das escolas infantís municipais no acto que se celebra na tarde do venres na escola Atalaia de Teis. Neste curso participaron un total de 178 meniños nestes centros de ensino.

venres, 27 xuñ 2003
Vigo conta con tres centros de ensino infantil municipais onde se imparten o primeiro ciclo de educación infantil de 0 a 3 anos. As escolas son Santa Cristina con 60 alumnos matriculados, a Escola Atalia con 59 e a escola Santa Marta tamén con 59 matriculados.

Escolas Infantís Municipais

EEI Santa Cristina de Lavadores: primeiro ciclo de educación infantil (0-3 anos), cunha idade mínima de tres meses na data de ingreso e máxima de non ter cumpridos os tres anos antes do 31 de decembro do ano no que se solicita a praza. O seu horario abrangue das 8:00 ás 21:00 horas, agás agosto. Conta con comedor, aula de psicomotricidade, patio e zona de xogos, e mais tres aulas. A lingua utilizada é o galego. Tres mestras especialistas en Educación Infantil, dúass técnicas especialistas en Xardín de Infancia e o persoal auxiliar forman o equipo profesional. Ten capacidade para 82 prazas. Enderezo: rúa Santa Cristina nº 1; teléfono: 986 28 07 32.

EEI Atalaia de Teis: primeiro ciclo de educación infantil (0-3 anos), cunha idade mínima de tres meses na data de ingreso e máxima de non ter cumpridos os tres anos antes do 31 de decembro do ano no que se solicita a praza. O seu horario vai dende as 8:30 ás 21:00 horas, agás agosto. Dispón dun comedor, con capacidade para 50 nenos, e cociña propia, dun patio exterior con zona de xogos e areeiro; e mais de tres aulas. Cinco mestras especialistas en Xardín de Infancia, unha mestra especialista en Educación Infantil e o persoal auxiliar forman o equipo de profesionais. Ten capacidade para 82 prazas. Enderezo: avenida Dona Fermina nº9, na subida á Guía; teléfono: 986 37 65 03.

EEI Santa Marta do Casco Vello: primeiro ciclo de educación infantil (0-3 anos), cunha idade mínima de tres meses na data de ingreso e máxima de non ter cumpridos os tres anos antes do 31 de decembro do ano no que se solicita a praza. O horario abrangue dende ás 8:00 ata as 21:00 horas. Funciona desde o curso 2002/2003. Dispón dun comedor, que se emprega como sala de usos múltiples, dun patio de xogos e de tres aulas. Tres mestras especialistas en Educación Infantil, 6 técnicas especialistas en Xardín de Infancia, unha cociñeira e unha limpadora conforman o seu persoal. Ten capacidade para 86 prazas. Enderezo: rúa Santa Marta, nº 38; teléfono: 986 44 21 53.