Calviño aposta por profundizar por un Pacto local polo emprego na área metropolitana
A segunda fase do proxecto Compás, da iniciativa Equal, concluiu coa entrega de diplomas aos participantes. O concelleiro Xulio Calviño apostou por "profundizar no futuro por un Pacto local polo emprego que facilite o acceso a un posto de traballo e contribúa a superar as inxustizas sociais".
Xulio Calviño, en representación do Concello na Mancomunidade da Área intermunicipal de Vigo, afirmou que o desemprego é unha das maiores preocupacións dos vigueses. "Este proxecto intenta suplir a inxustiza que supón intentar acceder a un emprego e é deber de todas as administracións poñer o máximo posible para conseguir traballo que responda aos desexos e necesidades de persoas e familias", dixo Calviño.
O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Ramón Búa, explicou que sindicatos e empresarios uníronse para crear novos itinerarios para fomentar e pór énfase en promover a cultura empresarial. Tratouse de incorporar novos colectivos para encontrar un posto de traballo na tarefa da formación continua.
Manel Fernández, secretario comarcal de CC.OO., amosou o seu agradecemento polo interese e a participación nestas accións formativas que sirvan para axudarlles aos asistentes a atopar un emprego digno.
Xerardo Abraldes, da CIG, afirmou que é un día de satisfacción porque moitas persoas remataron a parte de formación deste proxecto coa asistencia a cursos de calidade contrastada. "Mulleres, mozos, parados de longa duración e discapacitados, todos eles con dificultades para acceder a un emprego digno, seguirán contando coa axuda de técnicos e asesores deste proxecto froito dun traballo de consenso exemplar que se debera dar en máis ámbitos da vida desta cidade". Abraldes afirmou que "se bota en falta o apoio da Xunta de Galicia, que debera implicarse e interesarse neste proxecto europeo".
O Compás entra na terceira fase, na que se debera apostar polo Pacto local polo emprego na área metropolitana, utilizando unha estructura estable que cree emprego estable e con calidade e duración no tempo, segundo expuxo Xerardo Abraldes.
Héctor Santos, secretario comarcal de UXT, felicitou os participantes e amosou as boas expectativas de mellorar as capacidades para encontrar emprego. Incidiu na intención da Unión Europea por fomentar as políticas de emprego comúns nos distintos países ante a preocupación polas situacións do desemprego e da precariedade.
Proxecto Compás
Durante estes seis primeiros meses, desenvolvéronse cursos de formación de camareiro de restaurante de bar cunha duración de 500 horas, de carpinteiro de aluminio (250 horas), de multimedia (250 horas), de electricista antenista (500 horas), de maquinista da confección industrial (350 horas), de camareira de pisos (325 horas) e de xestor de almacén (250 horas).
Estes cursos, todos eles con posibilidades reais de inserción laboral, planificáronse de forma conxunta por tódalas entidades que conforman a Agrupación de Desenvolvemento e foron impartidos por empresas e institucións de recoñecida experiencia e implantación. Igualmente, todas as persoas usuarias recibiron módulos complementarios de achegamento aos principios de igualdade de oportunidades e de novas tecnoloxías.
Despois desta primeira fase de aprendizaxe profesional, empeza para eles un pool de recursos para buscar de forma autónoma o emprego. O Proxecto Compás tamén porá a súa disposición clubes de emprego en cada Centro Antena.
En setembro volverán inciarse novos cursos, porque para o Proxecto Compás, o proceso de orientación supón o desenvolvemento secuenciado de accións que constitúen o itinerario cara a incorporación laboral dos seus usuarios e usuarias. Neste camiño cara o emprego, a formación cobra unha especial importancia xa que, ademais de supoñer o inicio dun coñecemento que posibilita o desenvolvemento dun posto de traballo, significa a adaptación ós procesos de cambio, a preparación para novas formas de desenvolvemento profesional e, por suposto, traballar para partir dun principio de igualdade de oportunidades para as persoas que, por unha ou outra circunstancia, se atopan en situación de desvantaxe.
Descargar todas as imaxes