O alcalde asina o decreto de competencias dos concelleiros de Goberno
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, asinou o decreto polo que se estructuran as áreas e servicios que estarán dirixidos polos concelleiros do Goberno municipal.
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, asinou o decreto polo que se estructuran as áreas e servicios que estarán dirixidos polos concelleiros do Goberno municipal.
A Xunta de Voceiros, reuniuse ante a situación de inquietude producida na cidade respecto ás iniciativas tendentes á remodelación do estadio municipal de Balaídos e do seu contorno.
A Comisión de Goberno decidiu poñer en marcha o programa de obras de pavimentado e mellora da capa e rodadura de rúas de Vigo cunha dotación económica de 1.869.168 euros. Tamén acordou abrir os puntos adicionais de información turística.
A segunda fase do proxecto Compás, da iniciativa Equal, concluiu coa entrega de diplomas aos participantes. O concelleiro Xulio Calviño apostou por "profundizar no futuro por un Pacto local polo emprego que facilite o acceso a un posto de traballo e contribúa a superar as inxustizas sociais".
Os organizadores da Vigo Cup recibiron os equipos nas inmediaciones do IMD de Samil e entregáronlles as acreditacións aos 70 clubes participantes chegados de toda España e do norte de Portugal. Ás 19:30 horas no Campo de Samil procederase á entrega dos trofeos Vide da Vigo Cup.
A Biblioteca central de Vigo, situada no Casco Vello, organiza o seu tradicional "Bibliocampamento de verán 2003" destinado a nenos de 6 a 13 anos. O programa inclúe obradoiros de títeres, fotografías, marcalibros, xogos e teatro. As actividades son gratuítas.
O pavillón das Travesas acolleu unha exhibición de "Taekwondo en vivo" na que participaron máis de 400 persoas de 14 equipos. Este evento, no que colaborou a Concellería de Deportes, tivo unha duración de case dúas horas nas que mozos e adultos amosaron os progresos conseguidos na tempada.