Escoitar

Comezan as actividades para nenos na Biblioteca central de Vigo

A Biblioteca central de Vigo, situada no Casco Vello, organiza o seu tradicional "Bibliocampamento de verán 2003" destinado a nenos de 6 a 13 anos. O programa inclúe obradoiros de títeres, fotografías, marcalibros, xogos e teatro. As actividades son gratuítas.

luns, 30 xuñ 2003
O programa desenvolverase os martes e xoves nos meses de xullo, agosto e setembro de 10:30 a 12:30 horas. En setembro tamén haberá actividades os sábados.

A matrícula é gratuíta e pode realizarse por teléfono, 986 229074, entregando o impreso de inscrición persoalmente na Biblioteca, enviándoo por correo postal, no enderezo: rúa Joaquín Yáñez 6, 36202 Vigo, ou por fax, 986 22 73 42. As prazas son limitadas.

Programa de xullo

1/06/2003 Confección de títeres e invención de historias.
3,8 e 10 Obradoiro de fotografía. Os participantes aprenderán a facer unha cámara estenopeica e a revelar.
15 e 17 Sombras chinesas, decorados e invención de historias.
24 Deseño e realización dun marcalibros. Aprendizaxe de contacontos.
29 Romaría popular. Contos, xogos e bailes.
31 Un libro entre todos.

Agosto

5 Trivibiblio.
7 O xogo da carta-conto.
12 Xogos co diccionario e contacontos.
14 ¿Antes ou despois? Película e puzle.
19 O combate. Xogo por equipos.
21 Un pesadelo no meu roupeiro. Xogo-conto.
26 A lóxica fantástica. Xogo-conto.
28 Xogamos cos títeres.

Setembro

2, 4 e 7 División en dous grupos. Uns prepararán e ensaiarán unha obra de títeres para representar. Confección de decorados, invitacións, carteis.... Outros prepararán unha exposición cos obxectos e debuxos realizados durante o campamento urbano.
11 Representación dos títeres e inauguración da exposición.
13 Contacontos entre todos.
20 Xogos con contos.
27 Despedida do bibliocampamento cos xogos e contos fantásticos.

Máis información