Renovación do pavimento e mellora de rúas
A Comisión de Goberno decidiu poñer en marcha o programa de obras de pavimentado e mellora da capa e rodadura de rúas de Vigo cunha dotación económica de 1.869.168 euros. Tamén acordou abrir os puntos adicionais de información turística.
Nos meses de verán 28 viais da cidade renovarán o pavimentado e mellora da capa de rodadura. As rúas que se pavimentarán son Venda (Beade), Estrada, Xuncal e Santa Marina. Os viais nos que se aplicará unha mellora da capa de rodadura son Santa Cristina, Doctor Marañon, Subride, Seixiños, Manuel de Cominges, Gándara (Valadares), Parachan, Barreiro, Marques de Valtierra, Avenida Atlántica, Doctor Carracido, Marín, Marques de Valadares, Pablo Iglesias, Baixada a salgueira, Núñez de Balboa, Maestro Chané, Santa Marina, Vía Norte (dende a Travesía de Vigo ó muro da Estación), Portela, Colombia, Santa Tegra, Gran Vía (dende a Praza de España a Urzaiz) e Cantabria.
Puntos de Información Turística
A Comisión de Goberno acordou que desde hoxe comenzará a funcionar os puntos adicionais de información turística, que estarán abertos ata o 30 de setembro.
Ademais da oficina permanente da Pedra, que funciona todos os días da semana e a oficina do Concello, a concellería de Turismo porá en funcionamento un punto de informeción na rúa do Príncipe, diante do Marco, así como os puntos vermellos, que son asesores turísticos itinerantes que percorrerán o centro da cidade a pé para facilitarlle información ós turistas sen necesidade de que se acheguen a unha oficina.