Escoitar

Entrevistas do alcalde

O alcalde, Ventura Pérez Mariño, entrevistouse con representantes do Club Financiero Vigo, co presidente do Real Club Náutico, co bispo José Diéguez Reboredo e con membros do corpo consular.

martes, 1 xul 2003
1057060834consules.jpg
Reunión cos cónsules
O cónsul de Arxentina Rubén Buira, en representación do corpo consular, afirmou que acudiron á entrevista co alcalde coa finalidade de poñerse á súa disposición para as colaboracións que estime oportunas.

Os responsables do Club Financiero Vigo solicitáronlle ao alcalde ter un fluxo de comunicación permanente cos empresarios socios desta entidade e amosáronse satisfeitos coa boa acollida desta petición. Explicáronlles tamén a súa intención de que a Alcaldía lidere as necesidades da cidade en materias de infraestructuras e ocupación de solo industrial en relación coas demandas empresariais. "O Concello debe canalizar ideas e actividades propostas por entidades como o Club Financiero Vigo que integra 270 empresas e ten asociados a preto de 700 empresarios e directivos", afirmou o presidente do club, Ángel López Soto.

Entre os seus fins, o Club Financiero Vigo actúa como asociación empresarial que aglutina intereses, promove a colaboración entre os empresarios, respalda iniciativas e impulsa relacións. O Club Financieiro Vigo está ao servicio das súas empresas e profesionais asociados para apoiar a consecución de investimentos que favorezcan unha mellora da competitividade do tecido empresarial do sur de Galicia.

As súas actividades perseguen potenciar a cultura empresarial. Como asociación de empresarios, o Club Financiero Vigo responde á necesidade existente entre o empresariado por corporativizarse en torno a obxectivos de interese xeral e potenciar a colaboración.
Descargar todas as imaxes