Escoitar

A Federación Galega de Empresarias organiza un curso de comercio electrónico para mulleres

O curso "Comercio electrónico para empresarias" celebrarase do 14 ao 18 de xullo no autobús da Federación Galega de Empresarias, con subvención do Servicio Galego de Igualdade, que se situará enriba da praza do Rei.

martes, 1 xul 2003
Este curso, de carácter gratuíto, e destinado preferentemente a empresarias e autónomas de Vigo, ten como obxectivo ofrecer coñecemento sobre concepto básico de comercio electrónico, relación de negocio entre empresas, relación empresa-consumidor, implantación, márketing en internet, seguridade, medios de pago, aspectos xurídicos e o futuro.

O curso ten unha duración de 15 horas, establecendo quendas de mañá e de tarde. As mulleres interesadas poden inscribirse na Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra (Avda. García Barbón, 104-1º--36201 VIGO ou a través do teléfono 986-441024, en horario de 10:30 a 13:30 horas)

A ubicación do autobús durante os días do curso será previsiblemente (pendente da correspondente autorización) na praza da División Azul, no linde da rúa Venezuela coa rúa Camelias, enriba da praza do Rei.