O alcalde insta ao derrubo de Casa Mar para a construcción do Pazo de Congresos
Pérez Mariño entrevistouse co conselleiro de Obras Públicas, Política Territorial e Vivenda, Alberto Núñez Feijóo, para tratar temas pendentes de colaboración entre as administracións autonómica e local.
O conselleiro comprometeuse a entregarlle ao alcalde unha copia do estudio económico-financeiro encargado pola Xunta de Galicia para as obras do Pazo de Congresos en canto o reciba, previsiblemente neste mes de xullo. En función do que determine ese informe tomaranse as decisións oportunas para o seu financiamento. O Pazo de Congresos está presupostado en 85 millóns de euros.
Mariño propúxolle, ademais, o inmediato derrubamento das actuais estructuras de Casa Mar por motivos de seguridade e ornato da cidade.
Na xuntanza acordaron tamén que se retomarán as reunións entre o equipo redactor do Plan xeral de ordenación municipal e os técnicos de Política Territorial ás que tamén poderán asistir os concelleiros dos grupos municipais que o desexen para obter información do desenvolvemento do documento.
O alcalde tratou co conselleiro a restauración integral do Casco Vello para o que promoverá a creación dunha Oficina de rehabilitación mediante a redacción dun novo convenio.
Revisaranse tamén os convenios de obras de urbanización para a revitalización dos viais Estrada de Madrid-Ramón Nieto, que inclúe Gandarón e Severino Cobas, Rande-Puxeiros, o acceso a Vulcano, Camiño Riobó, rotonda de Saiáns ou a rúa Pedro Alvarado. As novas propostas de obras fixaranse obxectivos concretos coa previsión de asinar un novo convenio no futuro coa Xunta de Galicia para a actualización destes proxectos.
O alcalde obtivo ademais o compromiso de realizar, por parte da Xunta de Galicia, un Centro sociocultural na parroquia de Valadares trala posta a disposición dos terreos polo Concello.