Arias asiste á apertura do "VI Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia"
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Xosé Carlos Arias, asiste o xoves 4 de xullo ás 17:00, á inauguración do "VI Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia" que se celebra do 3 ao 6 de xullo na Illa de Arousa.
O Centro de Artesanía Tradicional e a Casa do Cesteiro da Concellería de Patrimonio Histórico terán a súa representación neste encontro que contará coa colaboración dos artesáns María Elena Ferrero Lamela, zoqueira; Juan Antonio González Fernández, cesteiro; Friedrich Branstidl, ferreiro e Juan Carlos González Martínez, cesteiro que farán desmostracións dos seus oficios.
Ademais das demostracións, o público poderá recibir información sobre as actividades que se están a realizar no Centro de Artesanía Tradicional e na Casa do Cesteiro, así como recibir o asesoramento pertinente.
A Asociación cultural e deportiva Dorna, organizadora do evento, congregará a 150 embarcacións, 40 asociacións de cultura marítima, museos, artesáns, conferenciantes, grupos de música e obradoiros para darlle a coñecer aos visitantes as diversas actividades do programa.
Nesta edición organízase como acto paralelo a Feira do Mar que inclúe unha feira de libros, unha exposición e xornadas gastronómicas.