Mariño instará á creación da área metropolitana
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, convocará de forma inmediata os membros interesados en conformar a área metropolitana, para o que será necesaria unha vontade política de cara a impulsar esta entidade intermunicipal baseada en criterios fundamentalmente socioeconómicos. Pérez Mariño tomou esta decisión no transcurso da entrevista co presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga.
Entre outros temas tratados na xuntanza, Pérez Mariño e Fraga falaron da creación dun cuarto hospital en Vigo, un auditorio, unha Escola superior de artes escénicas, temas de infraestructuras, o mantemento do Museo de Arte Contemporánea e dotacións xudiciais. O alcalde sinalou o ánimo de comprensión por parte do presidente autonómico e anunciou que lle remitirá nos vindeiros días un dosier pormenorizado de cada un dos temas analizados.
Consellería de Asuntos Sociais
Pérez Mariño entrevistouse tamén coa conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións laborais María José Cimadevila. Froito desta xuntanza, o alcalde comprometeuse, en virtude do convenio asinado en outubro de 2000 para a construcción do Centro residecial de atención a persoas maiores na parroquia de Bembrive, a realizar as obras necesarias para a entrada en funcionamento deste centro. Así, o Concello proximamente realizará a conexión ao saneamento e a mellora dos accesos para a conclusión desta obra.
A nova residencia de Vigo, que contou cun orzamento de más de 5,3 millóns de euros, ten unha capacidade de 150 prazas residenciais organizadas en dous módulos de 45 prazas cada un e outros dous de 30 prazas para doentes crónicos e psicoxeriátricos. Ademais, dispón de nove prazas en enfermería e 30 no centro de día.
Descargar todas as imaxes