Comeza o curso "Prevención e responsabilidades en instalacións e actividades deportivas"
"Prevención e responsabilidades en instalacións e actividades deportivas" é o título do curso que comeza o luns 7 de xullo dentro do programa de Xestión e Actualización do Deporte "En forma_acción", no marco dos cursos de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo en colaboración coa Concellería de Deportes.
Nesta actividade dirixida por José Ángel Otero Lamas e Eduardo Rodríguez Costas, participarán preto de 35 persoas. O curso abordará na súa primeira xornada os principios básicos en prevención de riscos laborais e a normativa específica nesta materia para as instalacións deportivas. O segundo día de curso dedicarase á análise e avaliación de riscos en instalacións deportivas e ás accións preventivas que se poden desenvolver neste sentido, incluíndo a análise de casos prácticos en grupos de traballo.
As sesións da terceira xornada versarán sobre o desenvolvemento do plan de control periódico e prevención nunha instalación deportiva e a mesa de traballo centrarase na elaboración dun plan de prevención de riscos.
Tamén se realizará, o cuarto día, unha análise funcional dunha instalación deportiva, indicando as responsabilidades do xestor segundo o tipo de instalación e o seu uso. Por último, a derradeira xornada dedicarase ós dereitos, deberes, condicións de traballo e responsabilidades dos traballadores destas instalacións e ós seguros e responsabilidade civil nas actividades deportivas.
As distintas sesións serán impartidas por docentes das universidades de Vigo e da Coruña, polo coordinador rexional dos servicios de prevención de Mutual Cyclops e polo director do Club Deportivo da Universidade da Coruña.