Iníciase a quinta fase de rehabilitación de edificios do Casco Vello
A Comisión de Goberno aprobou o informe proposta para a entrada en funcionamento da quinta fase do convenio entre o Concello e o Instituto Galego de Vivenda e Solo que permitirá realizar actuacións en 31 vivendas do Casco Vello de Vigo.
O orzamento total das actuacións de rehabilitación previstas é de 809.474 euros, cunha contribución do Ministerio de Fomento e do IGVS de 124.000 euros distribuídos nas anualidades de 2003 a 2005. Aos promotores particulares lles corresponderá a achega das cantidades restantes, por importe de 561.474 euros.
Melloras nos mercados da Pedra e do Berbés
Aprobáronse tamén, na Comisión de Goberno, convenios de colaboración da Concellería de Turismo e as asociacións de comerciantes da Pedra e do Berbés para obter unha subvención co fin de realizar investimentos nos mercados municipais a través das asociacións implicadas.
Os tres convenios enmárcanse dentro da proposta da Consellería de Industria para a subvención de investimentos nos mercados municipais, polo que a Xunta de Galicia subvenciona o 80% das obras, mentres que as asociacións beneficiadas ingresan no Concello o 20% restante.
O Mercado da Pedra disporá dunha sinalización exterior froito dun convenio co Concello de Vigo e a Consellería de Industria. A Asociación de Comerciantes da Pedra comprometeuse coa Concellería de Turismo e Comercio á aportación de 800 euros e a Consellería de Industria achegou un importe de 3.200 euros que se correponden co 20% e 80% do total, respectivamente.
Realizarase un estudio de viabilidade de Mercado no Berbés por un importe de 12.008 euros, achegados ao Concello entre a Consellería de Industria (9.006 euros) e a Asociación de Empresarios do Berbés (3.002 euros) para a adxudicación do proxecto no mes de novembro. Para efectuar as obras de remodelación do Mercado do Berbés, Industria destinará 23.120 euros e os comerciantes 5.780 euros.
Normalización lingüística
A Comisión de Goberno acordou solicitarlle unha subvención á Consellería de Xustiza, Interior e Administración local por 69.917 euros para a realización de programas infantís de dinamización lingüística de interese socioeducativo, de carácter socioeconómico e de novas tecnoloxías da información para fomentar o uso do idioma galego en distintos ámbitos.
¿Xogas? en galego podemos, o Certame escolar de regueifas, a campaña de mercar e vender en galego e o Ciberlingua son algúns dos programas aos que vai destinada esta solicitude de subvención á Administración autonómica.