Concello e Xunta ultiman o convenio para a reforma integral do centro de ensino Doutor Fleming
O Concello asinará un convenio de colaboración coa Consellería de Educación para a ampliación das instalacións do centro de ensino Doutor Fleming polo que a comunidade educativa deste colexio deberá trasladarse ao CEIP Rocío de Bouzas durante o vindeiro curso escolar.
No convenio establécese a cesión de 2.746 m2 municipais que serán utilizados para a mellora e ampliación das instalacións por parte da Xunta de Galicia. O concelleiro de Educación, Xulio Calviño, reuniuse co secretario xeral de Educación quen se comprometeu a que as obras de renovación comecen no mes de novembro e se prevé que o centro estea en funcionamento no curso 2004-2005. O edificio conservará só a fachada.
A Consellería deberá aboar 18.000 euros correspondentes á licencia e o Concello comprométese a efectuar a mudanza de desaloxo e do posterior amoblado do centro escolar.
Máis de 300 alumnos do Doutor Fleming recibirán a actividade docente no CEIP Rocío de Bouzas no vindeiro curso, para o que será preciso organizar o transporte escolar e habilitar un comedor ao efecto.