Escoitar

A artista María Rey expón na Casa da Xuventude

A Concellería de Xuventude prosegue o programa Mirarte que consiste en organizar exposicións de novos artistas para contribuír á súa proxección. Nesta ocasión, ábrese unha nova mostra individual da artista María Rey que permanecerá aberta ata o 24 de xullo na Casa da Xuventude.

martes, 8 xul 2003
A mostra está formada por obras desta nova estudiante de Belas Artes de Pontevedra, que dende hai tempo participa en exposicións colectivas con outros alumnos de obradoiros de pintura. Nesta ocasión emprende pola súa conta un proxecto particular despois de ter gañado certames artísticos promovidos por entes públicos e privados da zona.

As obras permanecerán expostas ata o venres 24 de xullo e poderán contemplarse de luns a venres en horario de mañás de 10:00 a 14:00 horas e pola tarde de 17:00 a 21:00 horas na Casa da Xuventude na rúa López Mora, 31.

Máis información