Escoitar

O alcalde de Vigo entrega o galardón "Automóbil do ano en Galicia"

O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, preside a entrega de premios "Automóbiles do ano en Galicia 2003" nun acto celebrado no Club Financeiro de Vigo.

martes, 8 xul 2003
A convocatoria deste galardón, que se concede en catro categorías, contou coa participación de máis de 12.000 visitantes do Salón do automóbil, celebrado no recinto feiral de Cotogrande entre o 1 e o 11 de maio.

Os asistentes determinaron que o Audi A8 obtivera o galardón "Automóbil do ano en Galicia 2003" en categoría absoluta, mentres que o Mercedes CLK logrou o premio na categoría de deportivo, o Kia Carens foi recoñecido como o multiusos do ano e o Volvo 90 acadou a distinción como todo terreo.

Á entrega de premios asistirán tamén a delegada provincial de Industria, Carmen Bianchi, o director xeral do Salón do Automóbil de Vigo, José Enrique Elvira, e o director xeral adxunto de Caixanova, José Luis Pego, ademais de representantes das marcas automobilísticas premiadas.