luns, 14 xul 2003
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, asinou o convenio para a entrada en funcionamento dunha nova quenda de rehabilitación de vivendas no Barrio Histórico. O orzamento total das actuacións previstas é de 809.474 euros que servirán para arranxar 31 vivendas en tres anualidades.
luns, 14 xul 2003
A orde do día do Consello da Xerencia de Urbanismo inclúe temas propios do consello constitutivo entre os que destacan as propostas da presidencia para a designación da vicepresidencia e para a selección e nomeamento da figura do xerente de Urbanismo.
luns, 14 xul 2003
A Comisión de Goberno aprobou destinar 95.940 euros á elaboración dun estudio que se realizará no prazo dun mes polo procedemento negociado de urxencia para avaliar a situación da estructura do estadio municipal de Balaídos.
luns, 14 xul 2003
Sete compañías actuarán neste ciclo que se vai celebrar de luns a venres ás 23:00 na praza da Estrela. Pez en Raya representará o luns 14 "Pésame mucho" e La Fanfarra o martes 15 de xullo "De tanto que te quiero..." As compañías Noescafé Teatro, Hojarasca Danza, The Pinga, Pepa Plana e Taco Aguja completan o programa.
luns, 14 xul 2003
A Comisión de Goberno acordou concederlle unha subvención de 3.000 euros á Confraría do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas para a organización dos fogos de Bouzas.