O Concello subvenciona as festas de Bouzas
A Comisión de Goberno acordou concederlle unha subvención de 3.000 euros á Confraría do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas para a organización dos fogos de Bouzas.
A Concellería de Turismo estima que é de interese potenciar esta festa, que cada edición concita máis público foráneo, xa que contribúe á consolidación de eventos na axenda de ocio da cidade que pode ser declarada "Festa de interese turístico" por parte da Xunta de Galicia.
Autorízaselle á Confraría do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas á ocupación do espacio na explanada de Bouzas para a celebración das Festas de Bouzas coa delimitación e sinalización necesaria en materia de seguridade vial para o libre tránsito de persoas e vehículos no seu contorno con paso suficiente para os vehículos de urxencia.
Nos días da celebración, do 18 ao 22 de xullo, prohibirase a circulación de vehículos na rolda litoral no treito comprendido entre a redonda da confluencia das rúas Eduardo Cabello e Pescadores e ata a redonda de acceso á zona portuaria en ambos os dous sentidos entre as 19:00 e as 4:00 da madrugada, agás o domingo que a hora de comezo da prohibición será ás 16:00 horas.