Escoitar

Á venda as entradas para os concertos de "Para Vigo me voy"

Poden adquirirse na Central de Espectáculos, a través de internet e con reserva telefónica.

venres, 18 xul 2003
Desde o venres 18 de xullo están á venda as entradas para os concertos que restan por celebrar do IV Festival Latino Internacional "Para Vigo me voy". En concreto as actuacións pendentes son as seguintes:

28 de xullo: LOS DE ABAJO; ELÍADES OCHOA Y EL CUARTETO PATRIA
29 de xullo: TRIO MOCOTÓ e CHICO CESAR
30 de xullo: JUANTÓN E LA CABRA MECANICA
1 de agosto, CLANDESTINOS e JUANES

As entradas poden adquirirse na Central de Espectáculos e tamén se poden reservar a través de internet (www.centralespectaculos.com) e mediante merca telefónica no número 986 435410. A compra na web realizarase mediante transferencia bancaria e, ó igual ca no caso da merca telefónica, o prazo de reserva é de 48 horas e cada entrada conta cun recargo de 0’60 €, en concepto de gastos de xestión.

As entradas poderán ser retiradas posteriormente presentando o DNI do comprador na Central de Espectáculos, de 9:30 a 13:30, e 16:30 a 20:00 horas; ou o mesmo día da actuación, nas billeteiras do Auditorio de Castrelos, en horario de 21:30 a 24:00 horas.

Coa posta a venda das entradas para os concertos de "Para Vigo me voy" están xa a dispor dos espectadores os billetes para tódalas actuacións de Castrelos, salvo o concerto de Primal Scream, do 7 de agosto.