A Concellería da Muller abre o prazo para presentar proxectos para o programa "O noso tempo"
As actividades ou proxectos que se presenten ao concurso versarán necesariamente sobre formación persoal, artesanía, información e sensibilización dos recursos destinados a mulleres, medios de publicitación, comunicación e difusión do programa.
En canto á formación persoal proponse a educación física, saúde, habilidades sociais, coñecemento do contorno, teatro, canto e manexo de instrumentos musicais tradicionais. As artesanías ou manualidades non deberán estar relacionadas directamente cos traballos domésticos tradicionalmente realizados polas mulleres. O apartado de elaboración dun programa de información e sensibilización sobre os servicios e recursos para as mulleres de Vigo, destinado ás alumnas matriculadas en cada un dos cursos, e os medios de publicitación, comunicación e difusión do programa son outros dos proxectos que poden presentarse ao concurso.
A metodoloxía empregada propiciará, dende unha perspectiva de xénero, a participación das alumnas, o traballo en grupo e uso do galego como lingua de relación.
As bases atópanse no Rexistro Xeral do Concello, onde tamén se presentarán as propostas antes das 13:00 horas do 4 de agosto de 2003.