Escoitar

O alcalde entrégalles a Bandeira da Cidade ós participantes nos Xogos dos corpos de seguridade

Os policías municipais e os bombeiros que van participar nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros de Barcelona recibiron de mans do alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, a bandeira da cidade.

venres, 18 xul 2003
1058532347policias2.jpg
Mariño co equipo deportivo de Policía e Bombeiros
Durante o acto, o rexedor municipal mostrou a súa satisfacción polo feito de que un grupo de funcionarios públicos participen en eventos deportivos tan importantes coma este. Pérez Mariño recordoulles ós axentes que entre os días 25 de xullo e o 3 de agosto serán embaixadores e representantes de Vigo na Cidade Condal e asegurou que para a cidade é moi importante participar en eventos destas características.

Os dezasete axentes ademais de recoller a bandeira expresáronlle o seu agradecemento ó Goberno municipal e aseguraron que viaxarían a Barcelona con moitas gañas de facer un bo papel. Na recepción celebrada na alcaldía tamén estiveron presentes o concelleiro de Seguridad, Xulio Calviño, o xefe do sector Tráfico, Seguridade e Transportes, Juan Comesaña, e o subxefe de Policía Local, Carmelo del Castillo.
Descargar todas as imaxes