Escoitar

Actividades para o domingo 20 de xullo

venres, 18 xul 2003
VIII MARATÓN FOTOGRÁFICO "CONCELLO DE VIGO"

Inscrición: 10'00 a 11’00 horas, na praza do Rei.
Saída: 11’30 horas, Praza do Rei.
Entrega de carretes: 23’00 a 00’00 horas, Praza da Constitución.
Temas obrigatorios: "Museo do Mar" e "Casco Vello"

FESTA DO MEXILLÓN

De 10’30 a 14'30 horas. Parque de Castrelos.
Organiza: Federación de Peñas Recreativas "El Olivo".
Colabora: Concellería de Festas e Animación Sociocultural.

IX FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL

Pasarrúas do grupo de percussao "Tocándar" de Marinha Grande-Portugal, ás 12,00 desde plaza da Independencia a Plaza de América.

IX FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL:
* Compañía rexional de danza "Yacamba" de Venezuela.
* Conxunto folclórico nacional "Xilingol" de Mongolia.
* Asociación municipal de coros e danzas de Baza de Andalucía
21'30 h, Centro Cultural de Cabral. Entrada libre.


IV VERÁN DE TEATRO

Taco Aguja (Madrid): "La Pipistrela"
23'00 h, Praza da Estrela. Entrada libre.

"La Pipistrela" é o percorrido dunha muller en busca do amor, do seu príncipe azul, e pasará por momentos cómicos mediante os tangos, ata chegar ós instantes máis profundos e dramáticos do espectáculo, nos que tentará atopar o senso da súa aventura. É unha montaxe musical, chea de teatralidade, onde a nosa protagonista, acompañada polo seu músico de sempre, interpretar os tangos e as situacións que contan os tangos, nun xogo cómplice co público.

A actriz Viviana Figueroa, o músico Aníbal Aveiro e o director Gabriel Molina crearon esta compañía madrileña, que leva representando cun grande éxito durante este ano en varios cafés de Madrid.