martes, 16 dec 2003
A concellería de Festas estará presente co programa PINVI -Parque Infantil de Nadal- en Vigolandia que se celebrará os días 2,3 e 4 de xaneiro no Recinto Feiral do IFEVI.<br />
venres, 12 dec 2003
A partir do vindeiro luns, na Concellería de Festas e Animación Sociocultural estarán a disposición do público as invitacións para o Concerto de Nadal que terá lugar o día 27 de decembro.
martes, 2 dec 2003
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural ven a aprobadas as bases do concurso "Vente cos Reis Magos 2004" polo que se seleccionará a 36 menores para acompañar aos Reis Magos, na Cabalgata de Reis , que terá lugar na nosa cidade o vindeiro día 5 de xaneiro. Cada carroza real irá acompañada de doce nenos/as.
luns, 1 dec 2003
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza o XXIII Concurso de Rondallas que se celebrará o 1 de xaneiro de 2004, ás 18:00 horas no Instituto Municipal dos Deportes das Travesas. Neste concurso poderán participar todas aquelas agrupacións que teñan un mínimo de 40 compoñentes e un máximo de 120.
martes, 25 nov 2003
O concellerio de Festas e Animación Sociocultural, Xosé Carlos Arias, inaugura hoxe no Verbum-Casa das Palabras unha exposición na que se exhibirán as obras dos participantes no VIII Maratón Fotográfico “Concello de Vigo”. Desde hoxe día 25 ata o próximo 21 de decembro esta mostra, que inclue catro obras de cada un dos 24 participantes seleccionados, permanecerá aberta nas instalacións do Museo e a entrada será gratuita.
xoves, 6 nov 2003
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural patrocina o magosto que se celebrará o 8 de novembro de 18:00 a 22:00 na praza do Berbés. Esta festa, organizada pola Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", estará amenizada polo grupo de danza Xuntanza e as Cantareiras do Berbés. O subdirector do Faro de Vigo, Jesús Portela, será o encargado de ler o pregón.
mércores, 29 out 2003
Os días 1 e 2 de novembro celebraranse as semifinais das V Xornadas de Danza e Música Tradicional" organizadas pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural e a asociación cultural Interfloc, no Centro Cultural Caixanova ás 20.00 horas. A fase final terá lugar o día 16 de novembro coa actuación das seis mellores agrupacións.
mércores, 15 out 2003
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza, en colaboración co asociación cultural "Interfolc", as V Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, que terán lugar no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 1, 2 e 16 de novembro, a partir das 20'00 horas.
venres, 3 out 2003
A concelleira de Festas, Margarida Martíns, presentou o programa "MOVEVIGO" que se realiza en colaboración coa Federación Veciñal "Eduardo Chao" co que se pretende a difusión e promoción sociocultural mediante actividades musicais, de teatro, títeres e animación infantil.
martes, 30 set 2003
O Museo Municipal "Quiñones de León" permanecerá pechado o mércores desde as 14.00 horas por mor da gravación nas súas instalacións dun episodio da serie de TV de Galicia "Rías Baixas".