Escoitar

Actuación dos grupos que participan nas xornadas de danza e a música tradicional

Os días 1 e 2 de novembro celebraranse as semifinais das V Xornadas de Danza e Música Tradicional" organizadas pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural e a asociación cultural Interfloc, no Centro Cultural Caixanova ás 20.00 horas. A fase final terá lugar o día 16 de novembro coa actuación das seis mellores agrupacións.

mércores, 29 out 2003
1067432524danza.jpg
Grupo de música tradicional galega
O sábado, día 1, actuarán os grupos "Malveiras" de Vilagarcía de Arousa; "Os Muíños de Oliveira" de Ponteareas; "Gandaina" de Pontevedra; "Colexiata do Sar" de Santiago de Compostela; "Donaire"de A Coruña e "Fortín da Pomba" de Bandeira, Silleda.

O domingo actuarán os grupos "Andarela" de Vigo , "Adail" Calo, A Coruña , "Xirandola" Bandeira, Silleda; "Noutrora" Sárdoma, Vigo e "A Ponte Vella"Teo, A Coruña.

A entrada para asistir ás Xornadas será mediante invitación ata completa-lo aforo. As invitacións están a disposición do público na Escola de Danza (soto 1º do Concello) ou na Concellería de Festas e Animación Sociocultural (1º andar), cun máximo de catro por persoa. As restantes poranse no propio centro cultural dende unha hora antes do comezo de cada xornada.

Os premios establecidos polo comité organizador son os seguintes:
1º premio: 1.500.-€, medalla e diploma.
2º premio: 900.-€, medalla e diploma.
3º premio: 600.-€, medalla e diploma.
4º premio: 300.-€, e diploma
5º e 6º premio: diploma.
Premio especial de 150.-€, e diploma ó mellor bailarín.
Premio especial de 150.-€, e diploma á mellor bailarina.
Premio especial de 180.-€, ó mellor grupo de acompañamento.
Descargar todas as imaxes