Casi dous mil aspirantes para a oferta de emprego público do ano 2002
O número total de aspirantes para as prazas incluidas na oferta pública de emprego público do ano 2002 é de 1.931. Segundo previsións do Goberno municipal, as probas, que xa deron comenzo, rematarán antes de fin de ano e os exames celebranse tamén os sábados, atendendo á petición dos propios solicitantes.
Por primeira vez todos os grupos municipais están representados nos tribunais, xa que ata o de agora ista situación dábase so no caso das prazas laborais, non nas dos funcionarios. O número de prazas vacantes é de 105, das que 30 corresponden á garda da Policía Local.