Escoitar

Aberto o prazo de inscrición nos cursos de formación de voluntariado ambiental do Concello de Vigo

Respostando á demanda plantexada pola cidadanía viguesa con motivo da crise do Prestige, a Oficina Municipal de Voluntariado ven de convocar 40 prazas en dous cursos de formación para coordinadores de equipos de voluntarios ambientais, e para labouras de voluntariado ambiental.

luns, 27 out 2003
Os cursos, que contan cun profesorado experto en xestión de voluntarios, medio ambiente e educación ambiental, son gratuitos reservándose a praza según rigurosa orde de inscrición. O prazo para apuntar ó curso remata o próximo venres 31 de outubro pola mañá.

Entre os contidos e materias que terán espacio nas duas actividades formativas destacan as relacionadas coa xestión ambiental no eido local, a xestión de equipos de voluntarios, as dinámicas e traballo en equipo, técnicas de educación ambiental...

O lugar de inscrición e a Oficina Municipal de Voluntariado, na lonxa do Concello de Vigo, cun amplo horario que vai de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, e os martes, mércores e xoves de 17:00 a 19:00 horas.

Ó finaliza-lo cursos experidárase por parte da Oficina Municipal de Voluntariado (Concellería de Participación Cidadá, Concello de Vigo) un certificado acreditativo da formación recibida.