O Concello promove aulas de medio ambiente
A concelleira de Medio Ambiente; María Xosé Porteiro, ven de presentar a posta en marcha de aulas de medio ambiente que se organizan conxuntamente coa Federación de Asociacións de Veciños. O obxectivo é facer un traballo de campo polas distintas parroquias de Vigo, a partir das asociacións veciñais, no que se estudie a flora, fauna, paisaxe, clima e etnografía de cada territorio.
 
            Para a realización do estudio  recollerase ademais aqueles topónimos, usos, tradicións  e costumes relacionados cos elementos máis salientables do medio natural.  Estableceremos 5 módulos de traballo que pensamos reflicten os principais  eidos do medio natural. 
Durante os días de actividade realizaranse outras actividades complementarias que terán por obxectivo analizar e aportar información sobre os datos que se vaian recollendo. Dentro destas actividades complementarias tentarase fomentar unha conciencia activa fronte os problemas ambientais que se detecten durante a recollida de información.
O período para realizar as actividades son durante os meses de outubro a decembro. Esto permitirá observar "in situ" gran parte da flora e fauna da que se pretende recoller información, así como percibir as variacións estacionais, climatolóxicas, productivas, paisaxísticas e medioambientais que se vaian producindo.
    
                Descargar todas as imaxes