O MARCO presenta o "encontro de arte sonora"
O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, trae á nosa cidade unha das disciplinas culturais máis novidosas do último século, como é o audio ou arte sonora. A actividades denominase "Encontros de Arte Sonora" e terá lugar ós días 25 de outubro e 29 de novembro.
A arte sonora non é unha sesión DJ ou de música tecno. É un modo de investigación e unha disciplina artística que ten a súa propia historia e importancia no desenvolvemento do pop e do rock. De feito, non podemos esquecer que algúns dos grandes nomes do noso tempo (entre eles moitas estrelas do rock) teñen traballado ou están relacionados coa arte sonora, e deben parte do seu éxito a estes investigadores.
A arte sonora está en relación coa utilización das novas tecnoloxías e do ordenador portátil como instrumento do novo século. Tanto de forma independente como supeditado a outros soportes, o audio é hoxe un campo imprescindible entre os grandes espacios culturais de todo o mundo.
Os concertos celebraranse o sábado 25 de outubro, ás 21.00 h.- JORGE HARO (Arxentina) + DURÁN VÁZQUEZ (Vigo-Crónica Electrónica-Portugal). O sábado 29 de novembro, ás 21.00 h.- RECHENZENTRUM (Berlín) + minúsculo (Vigo).
A arte sonora está en relación coa utilización das novas tecnoloxías e do ordenador portátil como instrumento do novo século. Tanto de forma independente como supeditado a outros soportes, o audio é hoxe un campo imprescindible entre os grandes espacios culturais de todo o mundo.
Os concertos celebraranse o sábado 25 de outubro, ás 21.00 h.- JORGE HARO