Escoitar

O Alcalde visita as obras de humanización de O Calvario

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, visitou hoxe as obras de humanización de O Calvario para comprobar os resultados e o grado de aceptación veciñal que ten a peonalización da zona. Acompañado polo concelleiro de Tráfico e Vías e Obras, Xulio Calviño e Miguel Barros, respectivamente, e máis a presidenta da Asociación de Comerciantes de O Calvario, Encarna Álvarez, Pérez Mariño explicou que o último tramo das obras finalizou unha semana antes dos noventa días previstos inicialmente.<br />

xoves, 23 out 2003
O Alcalde, que tamén estivo acompañado polo ex concelleiro, Uxío González, e os xefes de Seguridade e da Policía Local, Juan Comesaña e José Antonio Sotelo, respectivamente, mostrouse razoablemente satisfeito dos resultados, sen perxuicio das pequenas carencias que lle suxeriron os veciños e ás que se comprometeu a tratar de resolver.