luns, 20 outubro 2003

O Concello organiza un programa de formación do voluntariado ambiental

A concellería de Participación Cidadá organiza un Programa de Formación do Voluntariado Ambiental que se materializa no desenvolvemento de dous cursos, un seminario e se completa cunha mesa redonda. Os cursos realizaranse entre os días 3 e 4 de novembro ata o 1 de decembro. O obxectivo prioritario do Programa é crear un equipo de coordinadores de voluntarios ambientais estable e actualizado que colabore coa organización das actividades de protección e mellora ambiental do Concello de Vigo.