Escoitar

Pérez Mariño reunirá aos deputados de Pontevedra no Congreso para analizar o proxecto dos Presupostos Xerais do Estado

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, reunirase o luns día 20,con deputados de Pontevedra no Congreso para analizar as alternativas económicas que se recollen para a cidade no proxecto dos Presupostos Xerais do Estado.

venres, 17 out 2003
Pérez Mariño considera que este é o momento para facer propostas consensuadas e conseguir que as inversións estatais sexan o máis axeitadas posibles ás necesidades e prioridades da cidade. O encontro, ao que foron invitados deputados de todas as forzas políticas, terá lugar ás 17:00 horas nas dependencias da Alcaldía.