Escoitar

A Fundación Laxeiro inicia un programa de actividades didácticas

O concelleiro de Cultura, Xosé Carlos Arias e o director da Fundación Laxeiro, Javier Buján, presentaron hoxe o inicio das visitas didácticas á Fundación que realizarán alumnos de segundo e terceiro de primaria. Tratase dunha iniciativa que a Fundación Laxeiro pon en marcha este ano por primeira vez, pola que pasarán durante todo o curso, un total de 5.000 nenas e nenos.

mércores, 29 out 2003
1067434140laxeiro.jpg
Co título Coñece a Laxeiro, a Fundación que leva o seu nome, pon en marcha esta actividade que, baseada nas ideas de ocupación do espacio museístico e aprender xogando, achegará a figura e a obra de Laxeiro ós nenos mediante o desenvolvemento dunha serie de obradoiros prácticos que se levarán a cabo no Espacio azul, a aula didáctica que a Fundación inaugurará o devandito 29 de outubro.

Os nenos e nenas que pasarán polas instalacións da Fundación Laxeiro, pertencen a colexios dos concellos de Vigo, Redondela, Porriño, Cangas, Moaña, Bueu, Nigrán, Baiona, Oia e Gondomar para, nunha segunda convocatoria, ampliar as visitas ós concellos de O Rosal, A Guarda, Tomiño, Tui, Salvaterra, Ponteareas, Mondariz e Mondariz-Balneario.

As visitas serán tódolos luns e mércores en grupos de cincuenta alumnas e alumnos que, unha vez na Fundación, dividiranse en dous grupos de 25, que, co apoio do persoal didáctico da Fundación e o profesorado de cada centro, farán primeiro unha visita comentada á Colección Permanente para logo, xa no Espacio azul, levar a cabo diferentes obradoiros que abordarán diversos aspectos da pintura de Laxeiro e as súas coincidencias coas correntes artísticas internacionais.

Estas actividades buscan unha implicación da Fundación co feito didáctico en sé, para o que, mediante reunións periódicas co profesorado, tentarase de acadar unha relación viva e dinámica con cada colexio, na procura de esta experiencia, co tempo, sexa unha actividade coa que, tódolos anos, os colexios poidan contar e que se vaia enriquecendo coas achegas dos mestres, mediante un proceso de avaliación continuada pola súa parte, cara a establecer un fedd-back entre os centros docentes e a Fundación Laxeiro.

Por outra banda, unha vez posta en marcha esta experiencia, a Fundación está xa a traballar para, no vindeiro ano, ofrecer visitas guiadas para adultos e na tempada estival artellar un servicio de visitas guiadas para turistas.
1067434140laxeiro.jpg
1067434191nenos.jpg
Descargar todas as imaxes