Escoitar

Dende o luns están a disposición as invitacións para o Concerto de Nadal

A partir do vindeiro luns, na Concellería de Festas e Animación Sociocultural estarán a disposición do público as invitacións para o Concerto de Nadal que terá lugar o día 27 de decembro.

venres, 12 dec 2003
O concerto que se celebrará ás 20.30 horas no Centro Cultural Caixanova estará a cargo da coral do Real Clube Náutico de Vigo, a Unión Musical de Valadares e a coral do CVC de
Valadares. Repartiranse un máximo de catro invitacións por persoa, ata
esgotarse.