Escoitar

O Verbum acolle a exposición do VIII Maratón Fotográfico “Concello de Vigo”

O concellerio de Festas e Animación Sociocultural, Xosé Carlos Arias, inaugura hoxe no Verbum-Casa das Palabras unha exposición na que se exhibirán as obras dos participantes no VIII Maratón Fotográfico “Concello de Vigo”. Desde hoxe día 25 ata o próximo 21 de decembro esta mostra, que inclue catro obras de cada un dos 24 participantes seleccionados, permanecerá aberta nas instalacións do Museo e a entrada será gratuita.

martes, 25 nov 2003
No decurso desta inauguración procederase a facer entrega dos premios do certamen, que consistirán en 900 euros para o primeiro, 600 para o segundo e 300 para o concursante que quede en terceiro lugar, ademais dun accesit de 150 euros para cada un deles. O concurso, organizado pola Concellería de Festas en colaboración coa Agrupación Fotográfica Galega e na que participaron 140 afecionados, tivo lugar o pasado 20 de xullo, cando os participantes perecorreron as rúas de Vigo tomando instantáneas en distintos puntos da cidade, entre outros, o Museo do Mar ou o Barrio Histórico.