Escoitar

O auditorio municipal acolle as xornadas “O outro terrorismo. A violencia de xénero”

Máis de cen persoas participarán mañá nas xornadas que baixo o título de “O outro terrorismo. A violencia de xénero” se desenvolverán no Auditorio Municipal ata o venres 28, coa organización da Concellería de Muller. O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, será o encargado de inaugurar este seminario, no que participarán importantes representantes de asociacións e entidades vencelladas á igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

luns, 24 nov 2003
Tras as conferencias e as mesas redondas que se desenvolverán polas tarde nas depencias municipais, a Concellería da Muller ten previsto rematar as xornadas cunha obra teatral titulada “Mulleres fraguando sonos” que, se representará no Cine Teatro Salesianos ás 22:00 horas do venres con entrada gratuita.

Con esta iniciativa, a Concellería da Muller quere ratificarse no seu interese por seguir a traballar na procura de saídas ou solucións para un problema social que é de todos. O inicio destas xornadas coincide coa celebración do día Internacional contra a violencia de xénero, data na que a Coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración ás 20:00 horas na rúa do Príncipe, frente ao Marco, na que estarán presentes o Alcalde e máis a concelleira de Muller, María Xosé Porteiro.