Escoitar

O Alcalde de Vigo inaugura no Concello unhas xornadas sobre os dereitos dos traballadores

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, destacou a importancia de que se analice e profundice sobre dereito laboral nunha cidade na que a industria é o motor da sociedade. Ao longo da inauguración das VII Xornadas de Outono de Dereito Social, promovidas por Xustiza e Sociedade, o rexidor fixo referencia ás deficiencias que padece Vigo en materia de dotacións xudiciais.

venres, 21 nov 2003
1069428287foto.jpg
O alcalde inaugurou as VII Xornadas de Outono de Dereito Social.

Pérez Mariño agradeceu aos membros deste colectivo, do que el mesmo foi un dos socios fundadores, o traballo que desenvolven en pro dos dereitos dos traballadores e descaou o feito de que posteriormente se publiquen os distintos discursos que presentarán os destacados ponentes, aos, a súa vez, lles dou a benvida ao Concello e á cidade de Vigo.

O Auditorio do Concello acollerá hoxe e mañá estas xornadas, que levan por título “Dereitos constitucionais, sociais e sindicais do traballador”, últimas elaboracións. A efectividade dos principios rectores da Constitución, a tutela do dereito fundamental á liberdade de expresión e información ou a xubilación serán algúns dos temas que se abordarán ao longo do congreso.
Descargar todas as imaxes