Escoitar

O Cine Fraga acollerá tres representacións da ópera para nenos Brundibár dentro do Are More

Máis de mil seiscentos alumnos de segundo e terceiro ciclo de primaria de vinteseis centros de Vigo disfrutarán o venres día 21 da posta en escea da ópera para nenos Brundibár.

xoves, 20 nov 2003
O responsable da Concellería de Cultura, Xosé Carlos Arias, coida que estas representacións –no Cine Fraga ás 10:00, ás 12:00 e ás 20:30 horas- son unha magnífica oportunidade para que os máis pequenos se achegen a un xénero cultural que tradicionalmente está vencellado a un público adulto.
Brundibár é unha ópera para nenos en dous actos, de Hans Krása e libreto de Adolf Hoffmeister (1938). Trátase dun conto de esperanza. A sinxela historia fala duns nenos traballando xuntos para vencer o mal. Dado o seu contexto histórico, a ópera amosa a forza do espíritu humano, o triunfo do ben, e a necesidade de continuar a loita contra o mal presente e futuro.
Segundo o compositor Hans Krása e o seu editor Kannegießer: “Brundibár é a representación do holocausto e "o organilleiro" é Hitler co seu bigote e a súa maldade. Aninka e Pepicek son xudeus coas súas estrelas cosidas nas solapas. A pesar de iso, esta é unha obra optimista que conclúe cun final feliz: o triunfo do ben sobre o mal”.
Kannegießer tamén opina: "Debemos saber que responder os nenos do noso tempo cando nos pregunten que significan as estrelas nas solapa. Así, o valor de Brundibár como elemento educativo cumplirase na súa totalidade".
Brundibár foi no seu tempo, unha “fuxida” para os nenos dos campos de concentración. Os nenos eran conscentes da profunda identificación coa súa realidade, na cal, pese a todo, eles gañaban. Brundibár na actualidade é posta en escena polas “Jeunesses Musicales” de toda Europa, en proxectos con participacións multinacionais y multiculturais, facendo énfase sempre no valor sociolóxico e histórico da obra, amplificando deste xeito a súa valía para as novas xeracións.
Esta é a razón pola que “Jeunesses Musicales International” crea a nivel mundial a “iniciativa Brundibár” e o Festival “Are More” de Vigo a acolle nesta edición 2003, contribuíndo a levar o coñecemento e o obxectivo final desta operita : “a música pola paz mundial”.
Toda a xente involucrada neste proxecto adica o seu traballo a aqueles nenos que participaron nas representacións orixinais de Brundibár e que foron víctimas dun sistema tan inhumano. Fagamos que sigan vivindo no noso pensamento a través desta ópera.

SINOPSE:
Os irmáns Anita e Pepín necesitan con urxencia mercar leite para a súa nai enferma. Os nenos non teñen diñeiro. De camiño ó mercado percátanse dos diversos oficios que existen: xeladeiro, panadeiro, leiteiro. Un policía explícalles que só quen traballa recibe diñeiro. Anita e Pepín miran o home do organillo, Brundibár, quen por tocar música diante da xente percibe moitos cuartos. Deciden pois, facer o mesmo, cantando alegres cancións para a xente. Pero ninguén os mira nin os escoita, porque as súas voces son débiles de máis e o son forte do organillo o impide. Brundibár anoxado, reacciona expulsando ós nenos do lugar. Os nenos tristes reciben axuda dos animais (o can, o gato, o paxaro) uníndose ademais os nenos do pobo. Deste xeito son escoitados e con éxito recollen o diñeiro do público para mercar o leite. Brundibár, envexoso, róballes o diñeiro e fuxe. Mais todos os nenos e os animais finalmente atrapan ó malvado Brundibar, recuperan o diñeiro e celebran o triunfo do ben sobre o mal.

O REPARTO:
Os personaxes principais son: os irmáns Anita e Pepín; Brundibár “o organilleiro”; o xeladeiro; o panadeiro; o leiteiro; o policía; os animais: o gorrión, o gato, o can ; coro do balcón; coro da escola de nenos; adultos.
A orquestración é a seguinte:
Piccolo, Frauta, Clarinete sib, Trompeta sib, Guitarra, Armónica, Tamburo piccolo, Tamburo grande, Triángulo, Prato sospesso, Piano, Violíns (1, 2), Violonchelo, Contrabaixo.



BRUNDIBÁR - A HISTORIA DUNHA ÓPERA DE NENOS

O compositor Hans Krása* e o escritor e artista Adolf Hoffmeister reuníronse en 1938 e escribiron a ópera de nenos Brundibár para un concurso do Ministerio de Educación e Cultura de Checoslovaquia. A ocupación por parte da Wehrmacht (Forzas armadas alemanas) en 1939 impediu un estreno regular da ópera, porque Hoffmeister e Krása eran xudíos. Hoffmeister escapou emigrando ó tempo, Krása foi deportado máis tarde a Theresienstadt.

Coa súa exclusión da vida pública a comunidade xudía se tiña que reunir a escondidas. Un destes lugares secretos foi o orfanato xudío "Hagibor" en Praga. Aquí se reuniron aquelas persoas que máis adiante pondrían Brundibár en escena tamén no gueto:. Rudolf Franek, fillo do director do orfanato, o director de orquestra Rafael Schächter, o compositor Hans Krása, o escenógrafo do Teatro Nacional Frantisek Zelenka, e os nenos do orfanato. Baixo a dirección de Franek e Schächter comezaron os ensaios da ópera en xullo de 1941. En inverno de 1941/42 foi a estrea. Schächter e Krása non puideron asistir, porque xa foran deportados a Theresienstadt. Durante o ano 1942 foron levados ó gueto case todos os participantes, tambén os nenos.