Escoitar

Bienestar Social apoia a campaña a favor da infancia "Eu Conto"

A concelleira de Bienestar Social, Belén Sío, destacou hoxe a importancia da labor que realiza Meniños Fundación para a Infancia durante a presentación da campaña "Eu conto", con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Nenos, que se conmemora o 20 de novembro.

xoves, 20 nov 2003
Belén Sío aproveitou a súa intervención para facer un chamamento á participación nun acto festivo que se celebrará o sábado día 22 ás 11:30 horas na Lonxa do Concello, no que se contará con malabares, teatro, xogos de animación e música. Os organizadores promoverán, a súa vez, unha exposición de libros xigantes da Convención sobre os Dereitos do Neno e procederase a ler un manifesto.

O obxectivo da campaña é sensibilizar a toda a poboación, especialmente aos nenos, nenas e adolescentes, sobre o importante que é que sexamos conscientes da existencia e o significado da Convención sobre os Dereitos do Neno. Baixo o lema "Eu conto" preséntase unha iniciativa que resalta a trascendencia de que os nenos, nenas e adolescentes poidan participar nas decisións que lles conciernen así como "contar" cómo farían eles unha sociedade máis xusta.

Meniños Fundación para a Infancia, en colaboración con Unicef, impulsa esta campaña, que se desenvolverá en Vigo, A Coruña, Santiago, Ourense e Lugo, incluirá a colocación de mesas informativas ao longo de novembro e decembro nas que se divulgarán as mensaxes da Campaña e o que Meniños fai a favor do dereito a medrar nunha familia.