Escoitar

Escolares de nove centros de Vigo desempeñaron responsabilidades municipais no Pleno do Concello

Os vintesete rapaces que hoxe ocuparon os asentos dos corporativos municipais no Pleno Extraordinario Infantil que se desenvolveu con motivo do “Día internacional dos nenos e das nenas” reclamaron a supresión das barreras arquitectónicas e o fomento da integración das persoas discapacitadas.

xoves, 20 nov 2003
1069342829alcalde.jpg
Pérez Mariño recibiu aos rapaces nas dependencias da Alcaldía.
Así o fixeron saber ao Alcalde, Ventura Pérez Mariño, e a concelleira de Bienestar Social, Belén Sío, ao longo dunha reunión plenaria na que o público estaba composto por alumnos de nove centros da cidade, os mesmos que ostentaban “representación municipal”.

Pérez Mariño, despois de darlle a benvida aos rapaces á V Sesión Extraordinaria do Pleno Infantil, recordoulles que o Concello é a casa de todos os cidadáns e transmitiulles a obriga que teñen os representantes públicos de organizar esta “casa tan grande” para que funcione. O Alcalde de Vigo, amosou a súa vez a súa inquedanza polas persoas que padecen algún tipo de discapacidade e engadiu que é necesario seguir a traballar na mellora da accesibilidade na cidade.

Máis tarde r rematado o Pleno, o rexidor recibiu aos rapaces na Alcaldía, que tiveron oportunidade de percorrer as distintas dependencias.
Descargar todas as imaxes