luns, 24 novembro 2003

O auditorio municipal acolle as xornadas “O outro terrorismo. A violencia de xénero”

Máis de cen persoas participarán mañá nas xornadas que baixo o título de “O outro terrorismo. A violencia de xénero” se desenvolverán no Auditorio Municipal ata o venres 28, coa organización da Concellería de Muller. O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, será o encargado de inaugurar este seminario, no que participarán importantes representantes de asociacións e entidades vencelladas á igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

O Concello pon en marcha un programa de apoio ás entidades sin ánimo de lucro vencelladas ao voluntariado

luns, 24 nov 2003

A Concellería de Participación Cidadá ven de poñer en marcha o programa “Voluntariado para apoio na realización de actividades en asociacións” que ten por obxectivo establecer pautas de colaboración entre asociacións de Vigo e a Oficiña Municipal de Voluntariado. A Concellería quere apoiar ás entidades sen ánimo de lucro que, para a execución de determinadas actividades vencelladas ao ámbito do voluntariado, poidan precisar de colaboración.