Actuacións das agrupacións corais Val de Fragoso e Anduriña de Coruxo
No Auditorio Municipal, e con entrada libre, terá lugar o segundo dos concertos de corais que programa a Concellería de Festas e Animación Sociocultural para este verán. Nel participarán a<br /> Coral polifónica da Asociación de Veciños Val do Fragoso e maila coral polifónica Anduriña de Coruxo.
A Coral Polifónica Val de Fragoso nace a finais do ano 97, e é un ano máis trde cando colle a dirección Rebeca Carrera, que segue dirixindo o coro. Na Asociación Veciñal Val do Fragoso, na que desenvolve as súas actividades normalmente, organiza un Festival de Panxoliñas para o que invita a tres corais diferentes cada ano.
A coral ten participado e organizado en varias ocasións cursos de Técnica Vocal e Canto Coral, tendo como profesores á soprano Beatriz Riobó e á Mezzosoprano Mercedes Díaz entre outros .
Ten actuado por toda a xeografía galega e en Portugal, onde practicamente tódolos anos repiten cita. En canto ó repertorio, abrangue dende música dos séculos XV e XVI ata müsica actual, pasando por música sacra de todolos tempos... tentando sempre cantar en versión orixinal as súas pezas; de aí que teña repertorio en galego, portugués castelán, italiano, inglés, latín, ...
A Coral Polifónica "Anduriña" empeza a escribir a súa historia no ano 2002. Son moitas e variadas as participacións da coral en diferentes misas e concertos na nosa provincia.
O grupo está formado por 37 voces mixtas e no seu repertorio inclúen pezas como a Misa de Palazón e Paz Valverde, Canti Corum de Haendel, Gloria de Vivaldi, Ave Verun de Mozart, Canción Galega, Zarzuela, coros de óperas, música sacra, boleros, habaneras....
A directora é Begoña Alonso Pérez, que realizou os seus estudios musicais no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde adquire a licenciatura na espacialidade de canto, obtendo o título de profesora superior de canto. Realizou diversos concertos e diversos cursos de interpretación e técnica vocal, impartido por Miguel Zanetti, Marié, Claude Vallin, entre otros.