mércores, 23 xullo 2003
NO MARCO DO PROGRAMA DAS FESTAS DO CRISTO

As galego-belgas Ialma, prato forte do Día de Galicia

mércores, 23 xul 2003

A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Margarida Martíns e maila concelleira de Xuventude Belén Sío, presentaron o concerto que terá lugar en Castrelos para conmemorar o Día de Galicia. Nel intervirá o grupo de pandeireteiras belgas Ialma.

A CONCELLERÍA DE FESTAS COLABORA NO CONCERTO

O rockeiro brasileiro Carlinhos Brown tocará o 2 de agosto nas Travesas

mércores, 23 xul 2003

É un dos artistas máis importantes da música brasileira actual, e virá presentar o seu último disco, 'Marrón', o 2 de agosto, no Pavillón das Travesas. A Concellería de Festas colabora na organización do concerto.

O Alcalde visita os viveiros municipais

mércores, 23 xul 2003

Pérez Mariño, visitou esta mañá as instalacións dos Viveiros Municipais do Castro, acompañado polas concelleiras de Parques e Xardíns e Persoal, María Xosé Porteiro e María Luisa Graña, respectivamente, e máis un técnico municipal. O alcalde coñeceu personalmente a superficie que se utiliza para facer acopio das árbores, arbustos e vivaces que posteriormente se plantan nos parques de O Castro, Castrelos ou A Guía.