Escoitar
CONTINÚA O CICLO DE POLIFONÍA

Actuacións das agrupacións corais Rueiro e Galicia Social

No Auditorio Municipal, e con entrada libre, terá lugar o terceiro dos concertos de corais que programa a Concellería de Festas e Animación Sociocultural para este verán. Nel participarán a Coral polifónica Rueiro e maila coral polifónica da Agrupación Galicia Social. A cita é ás nove do serán.<br />

martes, 22 xul 2003
A Coral Polifónica Rueiro nace no ano 1982 como consecuencia da inauguración da igrexa do Cristo da Victoria, na barriada de Coia (Vigo).No ano 1985 ingresa en FECOGA, e actúa e fai intercambios con outros coros de Galicia e tamén doutras zonas de España.

Como parte integrante do C.C.A. Rueiro ten feito moitos concertos na súa sede da Rúa Baiona, en Coia, conxuntamente con moitas corais locais e do resto de Galicia, en datas coma o Nadal, o día de Santa Cecilia ou no Día das Letras...

Tamén actúa asiduamente no concerto de Panxoliñas, que convoca Caixanova, e ten acadado as fases finais do certame en varias ocasións.

O repertorio é variado e selecto, con partituras de polifonía sacra, folclore galego, panxoliñas e cantigas dos mellores compositores de todos os tempos, galegos e internacionais, de todas as tendencias. Foi dirixida por Carmen Suarez Martiño, César Lorenzo, e na actualidade, está baixo a dirección de Valentina Dolisnea e compóñena 16 voces mixtas.