Técnicos municipais velan pola seguridade do hotel Estoril
Técnicos municipais instan a empresa constructora do edificio lindante ao hotel Estoril a reforzar a cimentación dos baixos das obras ante as fendas que ao longo da mañá se detectaron no hotel.
Nas paredes do hotel Estoril detectáronse hoxe diversas fendas supostamente orixinadas pola obra de edificación executada na parcela lindante.
Ao lugar acudiron a policía local e persoal técnico da Xerencia de Urbanismo. Do seu informe resultou que os alicerces do do hotel se viron afectados polas obras de cimentación da nova obra que están facendo ao carón.
En presencia dos técnicos de edificación da nova obra e de responsables da constructora, os técnicos municipais sinalaron a necesidade de facer unha nova cimentación dos baixos do hotel Estoril. A constructora comprometeuse a realizar eses traballos xa no día de hoxe.
Os técnicos municipais comprobaron que o edificio do hotel Estoril non precisaba máis medidas de seguridade cás existentes e que a situación estaba controlada. Mañá á mañá realizarase unha nova inspección do edificio danado e da obra adxacente para comprobar que a seguridade está garantida.