xoves, 24 xullo 2003
O INTELECTUAL E ARTESÁN ISAAC DÍAZ PARDO É O AUTOR DO TEXTO

Bando do Día de Galicia

O texto do bando lerao no acto oficial do Pazo Quiñones o seu autor, Isaac Díaz Pardo, intelectual galeguista e fundador da etapa contemporánea de Sargadelos. O bando fai unha reflexión sobre a historia de Vigo e de Galicia no século XX, a partir da anécdota da saída de Castelao cara ao exilio bonaerense.

Primal Scream, estrela rock das festas de Vigo

xoves, 24 xul 2003

A concelleira de Festas e Animación sociocultural, Margarida Martíns, presentou a actuación máis importante do porgrama das Festas do Cristo 2003, a banda escocesa de rock Primal Scream. Faranlle a entrada un dos grupos máis peculiares do pop catalán: Sidonie.

No mes de agosto pechan as piscinas municipais

xoves, 24 xul 2003

O Concello acorda o peche das piscinas municipias de As Travesas , Lavadores e Teis durante o mes de agosto para acometer os traballos de mantemento e limpeza das mesmas. Esta medida acordouse nunha xuntanza na que se avaliou que durante mes de xullo o número de usuarios e moito máis alto que nos mes de agosto.

Principia o ciclo de bandas populares de música

xoves, 24 xul 2003

Do 25 de xullo ó 2 de agosto a praza da Estrela será o escenario dos concertos do ciclo de bandas populares de música que organiza a concellería de Festas na programación do verán. Os concertos son de entrada libre.