Principia o ciclo de bandas populares de música
Do 25 de xullo ó 2 de agosto a praza da Estrela será o escenario dos concertos do ciclo de bandas populares de música que organiza a concellería de Festas na programación do verán. Os concertos son de entrada libre.
Programación
Venres, 25 xullo - 12,30horas
LIRA DE SAN MIGUEL DE OIA
Sábado, 26 xullo-21,00 horas
ATLANTIDA DE MATAMÁ
Domingo, 27 xullo-12,30 horas
UNION MUSICAL DE CABRAL
Luns, 28 xullo- 21,00 horas
AS DELICIAS DO CAEIRO
Martes, 29 xullo-21,00 horas
ATENEO MUSICAL DE BEMBRIVE
Mércores, 30 xullo- 21,00 horas
BANDA ESCOLA DE UVCD DE CANDEÁN
Xoves, 31 xullo- 21,00 horas
UNIÓN MUSICAL DE CORUXO
Venres, 1 agosto- 21,00 horas
UNIÓN MUSICAL DE VALADARES
Sábado, 2 agosto- 21,00 horas
BANDA ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE
LIRA DE SAN MIGUEL DE OIA
A Agrupación Musical "Lira" de San Miguel de Oia fixo a súa primeira actuación o domingo de Pascua de 1932, baixo a dirección de Severino Alonso Mallo.
Dende aquela data ata agora, cabe resalta-la participación da agrupación en distintos festivais bandísticos por toda a Península Ibérica e varios intercambios culturais con outras asociacións do mesmo tipo, dentro de toda a xeografia galega, Portugal e Valencia. Cabe destacar tamén os convenios de colaboración con asociacións veciñais, Concello de Vigo e Deputación Provincial de Pontevedra.
Dende 1982 participa co Concello de Vigo no intercambio de colaboración que ten coas bandas de música, dando concertos en tódolos barrios de cidade.
A directiva da Agrupación Musical, dende primeiros do ano 1997 ata agora, vén desenvolvendo un proceso de remodelación a tódolos niveis; estatutos, socios, escola de música, arquivo, instrumental, son as súas principais preocupacións para poder facer entre todos (director, profesores, músicos, socios e veciños en xeral) unha Agrupación Musical da que tódolos veciños de Oia se poidan sentir orgullosos.
Na actualidade a Agrupación Musical conta cunha escola de música na que hai mais de 90 alumnos e alumnas estudiando solfeo, tendo como obxectivo final a formación de músicos para a súa incorporación a orquestras sinfónicas e profesionais.
No ano 2002, coincidindo co seu 70 aniversario, a Agrupación Musical acadou o terceiro premio no prestixioso Certame de Bandas Cidade de Cullera, e o primeiro na modalidade de pasarrúas, así como un segundo premio no Certame de bandas da Deputación de Pontevedra do pasado mes de outubro.
O director da banda é actualmente Esteban Valverde Corrales
BANDA "ATLÁNTIDA" DE MATAMÁ
O 28 de decembro de 1991 ten lugar un concerto de presentación da Agrupación Musical "Atlántida" de Matamá, actuación á que lle suceden unha serie de actividades e concertos por toda a comunidade galega, cántabra, valenciana, catalana e norte de Portugal.
No ano 1997 obtén no Certame Internacional de Bandas de Música "Ciudad de Valencia" o 3º Premio na categoría de bandas superiores a 50 compoñentes, competindo con agrupacións de Hungría, Zaragoza, Italia, Comunidad Valenciana, etc, e tamén nese ano grava o primeiro disco coa colaboración da Radio Galega.
No 2000 recibe o primeiro premio no Concurso de Música Xove organizada pola Xunta de Galicia, celebrada en Sada (A Coruña).
A Agrupación Musical "Atlántida" de Matamá conta dende o seu inicio coa súa propia Escola de Música. Na actualidade ten 80 compoñentes e na escola hai ó redor de 75 alumnos/as. No repertorio da Agrupación Musical inclúense todo tipo de xéneros musicais adaptados para este tipo de formación ademais de obras musicais orixinais para a banda.
O seu director é Enrique Lorenzo Vila.
UNIÓN MUSICAL DE CABRAL
A banda de música "Unión Musical de Cabral" fúndase no outono do ano 1986, baixo a batuta de Francisco Velasco Calvo ó que logo sucederían outros mestres como Celso Otero Covelo, Carlos Enrique Tilve Gonzalez, e o seu actual director Juan Manual Campos Paz.
Das actuación da Banda Uníon Musical de Cabral Caben destacar:
-Gravacións para a TVG e na RTVG.
-Intercambio coa Agrupación Musical Utielana (Valenciana)
-Concerto no Teatro Principal de Zamora.
-Concerto no XVI CONVIVIO DE BANDAS DE MÚSICA- III IBERICO de TOMAR (Portugal)
-Concerto no I FESTIVAL IBÉRICO DE BANDAS DE MONÇAO (Portugal)
-Concerto no XII ANCONTRO DE BANDAS DO CONCELLO DE VILA FRANCA DE XIRA (Portugal).
A banda conta con 37 compoñentes ademais de numerosos educandos que forman parte dunha escola de formación musical.
Actualmente está dirixida por XOÁN M. CAMPOS PAZ.
BANDA "AS DELICIAS DE CAEIRO"
A comarca viguesa continúa senndo unha das que mais produce novas bandas de música, pouco menos que cada ano.
Caeiro e Cabral son dúas bandas nadas practicamente nun mesmo tempo, e fillas dun mesmo pai, chamado Ignacio Bugarín Correa, un carteiro que no tempo pasado tocou o saxo, tenor no desaparecida Banda de Castrelos-Vigo.
En todas a zona de Cabral non existía tradición bandística, como podía ser Coruxo, Matamá ou Valadares. Pese a isto, Bugarín organizou no seu propio local unha escola de música, á que acudiron máis de medio centenar de mozos. Non tardou en descubri-las aptitudes dos reunidos, e aproveitou a súa condición de carteiro para contactar cos pais de familia, ós que persuadíu da conveniencia de adquirir instrumentos para todos. A idea foi ben acollida, achegando cada fanila unha cantidade, e outra o Club Caeiro e o propio Bugarín.
Deuse a necesidade de contratar a dous espertos, que se repartiron a preparación de metal, percusión e madeiras, mentres Bugarín só se encargaría da dirección. Todo parecía marchar con normalidade, ata que acabaron cunha división do grupo en dous. Os contratados arrancaron con máis de vinte mozos para o pobo de abaixo, e dende aquela xa existiron dúas bandas: a de Caeiro e a de Cabral, ámbalas dúas encravadas na mesma parroquia.
A crise tivo lugar no mes de novembro do ano 1986, o que non impide que Caeiro conte cun novo colectivo bandístico de corenta compoñentes.
Precisamente desde o ano 1986 a agrupación está dirixida por Jesús Bugarín, a quén seu pai lle pasou a batuta ó frente da banda.
O director é JESÚS BUGARÍN ALONSO.
ATENEO MUSICAL DE BEMBRIVE
Creado o 1 de outubro de 1994 baixo a inciativa de Roberto Carlos Lobato Abalde, quen con vinte nenos iniciou a sua andaina. En febreiro de 1996 asume este reto o actual director, Javier González Lamas, creando unha escola de música.
A finais dese ano actúa por primeira vez no auditorio do Centro Cultiral Helios de Bembrive, e a partir de ahí os concertos faríanse cada vez con maior asiduidade ó comenzar a ser coñecidos como banda de música, destacando os seguintes:
Esta banda forma parte da Federación Galega de Bandas de Música, así como da Federación de Bandas de Música Populares de Vigo.
Na actualidade xa está consolidada como banda de música, sirvan como exemplo os 40 concertos realizados no ano 2001, entre os que destacan os realizados no Festival de Bandas de Música de Liñares, Festival de Verán de Belesar, Festival de Bandas de Música de Xuvenís do Rosal ou no Encontro de Véran en Mondariz.
O seu director é JAVIER GONZÁLEZ LAMAS.
BANDA ESCOLA DE UVCD DE CANDEÁN
A fundación da Banda Escola de Candeán remóntase a comenzos de ano 1993, coa creación dunha escola de música e solfeo no seo da asociación veciñal de Candeán.
Ó cabo dun ano, desta escola foron elixidos os alumnos e alumnas máis aventaxados, ós que foron instruindo en distinto instrumentos musicais e así, o día 18 de novembro do ano 1995, fai a súa presentación oficial a Banda Escola de Música de Candeán dando un concerto no que estivo acompañada polas bandas de música do Rosal, Valadares, Municipal de Arbo e Xuvenil de Chapela.
Dende entón actuou en infinidade de festas populares de Galicia e Portugal. Participou en festivais e encontros de bandas de música de Vigo, Ateneo de Marín, Pedrogao Pequeno-Castelo Branco (Portugal), Santiago de Compostela, etc. Tamén realizou diversas gravacións para a Radio Galega e a TV de Galica.
Actualmente a banda de música ten 60 compoñentes con idades comprendidas entre os 14 e 25 anos; moitos deles ofician os seus estudios musicais no Conservatorio de Música de Vigo.
O seu director foi sempre XESÚS IGLESIAS ÁLVAREZ.
UNIÓN MUSICAL DE CORUXO
A fundación desta entidade data do ano 1880, cando Eusebio Alonso Fernández reúne en torno á súa persoa a un grupo de veciños de Coruxo. Despois da súa morte a banda estivo dirixida por dous dos seus fillos: Severino Alonso Mallo entre os anos 1928 e 1932, e por Eusebio Alonso Rodríguez (Roque) entre 1932 e 1972.
No ano 1972 a banda cesa as súas actividades por acordo do seu director e dos propios membros, pero a inquietude musical seguía presente nos compoñentes, feito que propiciou que un pequeno grupo deles e mailo propio director (Roque), iniciasen unha nova etapa mediante as clases de música impartidas a un nutrido grupo de mozos. O esforzo e traballo destas persoas tivo a súa recompensa en xullo do 1982, cando a banda ofrecía o seu primeiro concerto da nova etapa. A partir desta data, foron moitas as actuacións por toda a comunidade galega.
Nese mesmo ano inscríbese como entidade cultural e comenza o seu labor como presidente José Comesaña Comesaña, tarefa que segue realizando ata a actualidade.
No ano 1985 profesionalízase a banda, pasando á dirección o profesor Miguel Sacristán Ramos. Gracias á formación, á capacidade de desenvolvemento e ó nivel acadado polos integrantes da agrupación, formaronse no seo desta banda profesores, directores e subdirectores integrados noutras escolas e bandas de música.
Participa nos actos culturais levados a cabo con motivo do traslado a Galicia dos restos mortais de Castelao, e en abril do 1994 participa no recibimento e presentación de honras á súa Maxestade o Rei Don Juan Carlos I no estadio de fútbol Vicente Calderón de Madrid con motivo da final da copa do Rei de futbol ese ano.
En 1996 recibe o título de "Viguesa Distinguida".
Actualmente está dirixida por MIGUEL SACRISTÁN RAMOS
UNIÓN MUSICAL DE VALADARES
A banda de música "Unión Musical de Valadares" fundouno no ano 1902 un grupo de 16 afeccionados, que pouco a pouco foron impulsando e renovando, non deixando que en ningun momento desaparecese.
Vivíronse grandes momentos artísticos durante os anos 50, con directores como Hernán Cortes, José Pena, Manuel Vázquez, José Oro Val, Alfonso Méndez, etc, sendo este ultimo o que iniciou unha profunda renovación da formación. No ano 1971 o director Alfonso Méndez apostou por un alumno da escola de música para sucedelo, e desde aquela dota ocupa o cargo José Iglesias Ramilo.
A banda foise consolidando pouco a pouco, medrou o número de integrantes, aumentaron os alumnos e alumnas da escola de música e incluso se chegou a ter en Valadares un aula filial do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
A agrupación conta con cinco edicións discográficas en CD e casete, dos que se venderon máis de 20.000 copias e ten obtido numerosos premios no Certame de Bandas de Música de Galicia e tamén en festivais de Valencia e Alicante.
A dirección corre a cargo de JOSÉ IGLESIAS RAMILO.
BANDA ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE
A Banda-Escola de Música de Beade empeza a escribrir a súa historia no ano 1985. Son moitas e variadas as súas participacións en diferentes certames, tanto no ámbito galego como estatal.
En varias ocasións ten obtido premios e galardóns, destacando os que gañou no Certame Galego de Bandas de Música Populares de Galicia, e tamén en festivais de Valencia, Leganés (Madrid), Cullera (Valencia)
En marzo do 2002 a banda-escola acaba de editar un CD no que se recollen diferentes estilos musicais, asi como pezas compostas expresamente para ela.
Son salientables os intercambios culturais que vén realizando con bandas de diferentes puntos da xeografía peninsular, como Alcorcón, Oviedo, Valencia, Monçao, Tomar, ... e ten colaborado con agrupacións e grupos folclóricos como A Roda ou Muxicas.
A Banda Xuvenil da escola de música está composta por 45 nenos, pero son moitos máis os alumnos que se matriculan na escola.
A formación está dirixida por JAVIER VICEIRO FILGUEIRA.