Escoitar
NO MARCO DO PROGRAMA DAS FESTAS DO CRISTO

As galego-belgas Ialma, prato forte do Día de Galicia

A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Margarida Martíns e maila concelleira de Xuventude Belén Sío, presentaron o concerto que terá lugar en Castrelos para conmemorar o Día de Galicia. Nel intervirá o grupo de pandeireteiras belgas Ialma.

mércores, 23 xul 2003
1058956482ialma2.jpg
As galego-belgas de Ialma
A entrada no Auditorio de Castelos será libre, e o concerto comezará ás 23:00 h.

O grupo de pandeireteiras Ialma formouse en Bruxelas hai seis anos, se ben as súas integrantes xa levan xuntas uns 18 vencelladas polo amor á música tradicional galega. As cinco integrantes do grupo son descendentes de galegos ou teñen unha relación dende a infancia co país. As raíces da nosa terra, as tradicións e incluso os costumes galegos forman parte do facer diario de Ialma malia viviren no exterior.

Unha das compoñentes do grupo, Verónica Codesal, representou a Bélxica, co grupo Urban Trad, na recente edición do Festival de Eurovisión. En Riga acadaron o segundo posto, a tan só 2 puntos das vencedoras turcas cun tema de raíz tradicional para o que utilizaron entre outros instrumentos unha gaita galega.

Descargar todas as imaxes