O rockeiro brasileiro Carlinhos Brown tocará o 2 de agosto nas Travesas
É un dos artistas máis importantes da música brasileira actual, e virá presentar o seu último disco, 'Marrón', o 2 de agosto, no Pavillón das Travesas. A Concellería de Festas colabora na organización do concerto.
O concerto, que terá lugar no Pavillón das Travesas o 2 de agosto, foi presentado en rolda de prensa por Margarida Martíns, concelleira de Festas e Animación sociocultural, e por Belén Sío, concelleira de Xuventude, acompañadas por unha responsable da productora do concerto.
Carlinhos Brown é un dos músicos máis importantes do Brasil. A principios dos 80, incluso antes de que a samba-reggae se convertese nun grande éxito en Baía, o incansable Carlinhos Brown experimentaba dos procesos de aprendizaxe simultáneos, que afectaron profundamente a súa carreira musical.
Dous álbumes en solitario, bandas sonoras do cinema e da televisión e mais todo un amplísimo abano de colaboracións en discos dos outros galos da música popular brasileira fan de Carlinhos Brown unha figura indispensable na música rock e experimental de hoxe.
Carlinhos Brown acaba de sacar recentemente un novo álbum, onde experimenta coa música dos outros países latinos de América, e que se titula 'Carlitos Marrón.